Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

A poeta palestina Rafeef Ziadah ofrecerá un recital no Paraninfo da Universidade da Coruña

Conta co patrocinio da Vicerreitoría de Igualdade e Diversidade da UDC e a Deputación da Coruña, e a colaboración do colectivo Galiza por Palestina, a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o movemento BDS Galiza e o colectivo Sugxpal.

Rafeef Ziadah

Rafeef Ziadah é a poeta palestina máis coñecida a nivel internacional. Autodefínese como "filla da ocupación" e ten un estilo propio, cunha forte mensaxe política. Coa súa "performance" convida ao público a reflexionar arredor de temas como a guerra, o racismo ou o xénero.

Ziadah é recoñecida polas súas performances e a viralidade das súas propostas. No seu último álbum “Three Generation” invita a unha viaxe a través de Palestina e o Mar Mediterráneo, seguindo a estela do seu segundo traballo, onde a súa palabra únese á música, xerando así un maior impacto no público.
Universidade da Coruña (UDC)