Skip to main content
A | B | C | D | E | F | G | I | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | V | X | Z

Noticias

  • A Xunta de Galicia abriu hoxe ao público a nova sala de arqueoloxía do Centro de Interpretación de Ons, o primeiro museo dedicado a poñer en valor e divulgar os principais restos patrimoniais, arqueolóxicos e etnográficos atopados na illa no marco das escavación realizadas nos últimos anos. A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, inaugurou a exposición esta mañá acompañada do delegado da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, da directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, e do director conservador do Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, José Antonio Fernández.
  • Trátase dunha aplicación web do Instituto de Estudos do Territorio (IET) dispoñible desde hai case ano e medio e que a día de hoxe inclúe un total de 52 rutas cunha extensión de máis de 2.300 quilómetros, con percorridos cartografados e en formato descargable. Tal e como avanzou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante a reunión do Consello Reitor do IET, ao longo deste ano prevese incorporar ao visor 25 novos itinerarios polo que o obxectivo é chegar a ofrecer preto de 80 rutas ciclistas —un 50% máis que as que ten na actualidade— cunha extensión de case 3.000 km, o que permitirá que afeccionados ao ciclismo e turistas en xeral poidan coñecer a Comunidade dun xeito diferente.
  • O Instituto Nacional de Estatística fixo públicos hoxe os datos de viaxeiros aloxados nos hoteis e pensións galegos durante o mes de febreiro, que constatan o avance cualitativo do turismo en Galicia. As cifras constatan que Galicia afianza a súa desestacionalización con incrementos de viaxeiros, noites e rendibilidade fóra de temporada alta. Deste xeito, coincidindo co mes do Entroido, os hoteis e pensións galegos rexistraron algo máis de 202.000 viaxeiros que fixeron máis de 364.000 noites, cifras que suponen incrementos do 3% e de case o 4% respectivamente con respecto ao ano pasado. Estes datos constatan que o aloxamento hoteleiro galego rexistra tres anos consecutivos de crecemento da demanda neste segundo mes do ano e acada a segunda cifra máis elevada dos últimos ambos.
  • A Mostra Primavera enDanza de Carballo celebrará a súa 22ª edición do 12 ao 30 de abril cunha carteleira que inclúe seis citas coreográficas programadas a través da Rede Galega de Teatros e Auditorios, o circuíto de espectáculos que a Xunta de Galicia promove en colaboración coas entidades xestoras dos seus 41 espazos asociados. A carteleira preparada para o ciclo comeza con Vaivén, peza unipersoal de Marcia Vázquez, programada para o día 12 de abril; e Multiperspectivas #2, de Paula Quintas Cía., o día 13.
  • A de 2024 será a quinta convocatoria consecutiva que se fai da Bandeira verde, un galardón que aspira a servir tamén de correa de transmisión entre o traballo das administracións locais e a implicación da veciñanza no coidado das súas contornas, incidindo en que tanto concellos como cidadáns deben estar comprometidos na preservación dos elementos naturais e paisaxísticos. No marco da primeira edición, a convocada en 2020, resultaron galardoados Porto do Son e Moaña, os únicos concellos que recibiron a bandeira verde os catro anos seguidos.
  • A Xunta estima que, en principio, o 18 % dos concellos galegos poderían pedir a declaración de zona tensionada en base á lei estatal de vivenda e aos índices de referencia do Goberno central, tal e como explicou a vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda en funcións, Ángeles Vázquez, durante a súa participación no encontro informativo Declaración de zonas de mercado tensionado e os seus efectos. A responsable autonómica reiterou ante representantes dos concellos, de colexios profesionais e de distintas entidades relacionadas co sector da vivenda que a Xunta non vai declarar de oficio zonas de mercado residencial tensionado, pero tramitará as solicitudes que os concellos presenten.
  • Durante tres días, recitais, concertos e faladoiros ocuparán o Teatro Principal e a Igrexa da Universidade reunindo representantes da cultura galega como María do Cebreiro, Abe Rábade, Guadi Galego, Su Garrido ou Alfonso Armada, este último responsable da lectura do manifesto, así como tamén artistas e activistas doutros países e culturas que converterán Compostela en centro galego da poesía. Ademais, o festival repite seccións xa consolidadas no seu programa como As mañás do ambigú, que se desenvolverán cada mediodía no Teatro Principal.
  • O número de emigrantes galegos (persoas que naceron en Galicia e residen no exterior) volve baixar un ano máis en 2.861, continuando a tendencia dos últimos exercicios. Mentres a poboación galega total que reside no exterior segue a incrementarse debido as novas inscricións de persoas descendentes de galegos nacidas no estranxeiro, ata alcanzar os 534.972 (incremento de 7.523 persoas) a 1 de xaneiro de 2024, segundo os datos publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estadística (INE). Esta diferenza explícase, principalmente, polo aumento da cifra de descendentes das persoas galegas que viven no estranxeiro e que xa naceron no seu país de destino.
  • A primavera comeza este mércores 20 de marzo, ás 4 horas e 6 minutos e prolongarase durante case 93 dias ata as 22 horas e 51 minutos do 20 de xuño. Durante a primavera haberá ao amencer unha curiosa aliñación planetaria de Venus, Marte e Saturno; na segunda quincena de abril agregarase Mercurio e xa a finais de maio, Xúpiter substituirá a Venus, mentres a Lúa vai ir pasando por esa aliñación a comezos de cada mes, segundo explica o coordinador de investigación do Observatorio Astronómico da USC, José Ángel Docobo. O inicio da primavera prodúcese cando o Sol pasa polo punto Aries, ou equinoccio de marzo, un dos dous puntos de corte da eclíptica co ecuador celeste; nestes dias, na contorna do equinoccio, a duración do día e da noite son teoricamente iguais.
  • Presentouse o programa da décima edición de Escenas do cambio na Cidade da Cultura, unha cita que consolida a aposta por xerar espazos para o desenvolvemento da vangarda nas artes escénicas. Dirixido pola bailarina e coreógrafa Kirenia Martínez, este aniversario, que decorrerá entre os días 3 e 5 de maio, concíbese como unha celebración da traxectoria do festival e da súa capacidade transformadora. O director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, destacou na presentación o carácter rompedor e diverso do festival, no que o público poderá gozar de 13 propostas que desafían, nos seus procesos e resultados, os límites da creación artística.